Sunday 28 de April de 2024

Alternativa critica novamente o oscurantismo do Goberno de Cambre


Como xa sucedeu coa documentación da aprobación inicial do Plan Xeral, toda a información relativa ao orzamento para o vindeiro 2023 chega con tempo xusto para poder estudiala. Alternativa dos veciños de Cambre critica que se envíe a documentación do orzamento co prazo mínimo legal para o seu estudio, tal como fixo co PXOM, nunha mostra máis de oscurantismo e falta de transparencia.

Dos documentos tan extensos e importantes non deberían ser tratados como temas ordinarios, e cabe destacar que ambos documentos contan con informes desfavorables do xefe de réxime interior e da secretaria municipal.

Dende Alternativa consideramos se trata dunha deixadez total, o traer a pleno el último xoves do ano a presentación dos orzamentos. Normal que despois non se fagan as cousas o non se paguen as subvencións e axudas en tempo e forma. o cal, por desgracia, é algo habitual neste goberno.